Cómo colaborar



Desde o seu nacemento moitas persoas teñen colaborado desinteresadamente para que este proxecto se manteña. Eses deliciosos postres caseiros que traedes ás merendiñas das audicións, axudar a mover aos nenos dun lugar a outro, comprar lotería (ai, qué ben viría que nos tocara!!), comprar o Musicalendario (en 2016 con esas coplas de Pepe Cáccamo, outro colaborador activo), e tantos e tantos detalles.


Patrocinios

Pero a Escola, xa asentada no seu funcionamento, necesita manter unha rede de colaboradores que aporten fondos para a súa supervivencia, polo que desde a “Asociación Cultural e Musical Escola de Música de Vilaboa” comezamos en 2016 un plan de patrocinios.

Sabemos do potencial da Escola e da súa Banda de música, coa súa crecente actividade, como mostrario dentro e fora de Vilaboa das actividades económicas de todo tipo que temos no concello. Por iso confiamos en poder colaborar coas empresas e negocios da contorna..

As nosas actividades non só inclúen o propio concello, senón que tamén suman outros concellos da provincia de Pontevedra. A nosa presenza actual nas redes sociais (visitar facebook) suma xa máis de 2600 contactos en 2016.


As posibilidades de colaboración

Propoñemos inicialmente dúas formas de patrocinio: doazón dunha cantidade en metálico ou contribución en produtos que poida necesitar a Asociación (relacionado con instrumentos, material de oficina, comida/bebida, etc.).

En función da cantidade a doar contemplamos tres tipos de apoios:

Mínimo de 60 euros por ano: a colaboración aparecerá reflexada na Memoria Anual que será publica e accesible en Internet, co logo correspondente.

Mínimo de 300 euros por ano: a colaboración aparecerá reflexada:

* nos carteis que anuncien eventos da Asociación, co logo correspondente.
* nun agradecemento verbal na presentación dos eventos da Asociación.
* na presenza do logo nas nosas redes sociais.
* na Memoria Anual que será publica e accesible en Internet.

Mínimo de 1000 euros por ano: a colaboración incluirá una actuación[1] da Banda da Escola de Música de Vilaboa e aparecerá reflexada:

* nos carteis que anuncien eventos da Asociación, co logo correspondente.
* nun agradecemento verbal na presentación dos eventos da Asociación.
* na presenza do logo nas nosas redes sociais.
* na Memoria Anual que será publica e accesible en Internet.


[1] Se a actuación é fora do municipio de Vilaboa a Asociación non correrá cos gastos de transporte, que deberán ser aboados aparte.