Profesorado


O profesorado é experimentado, maioritariamente graduados superiores e, sobre todo, implicados activamente no proxecto. 



Dirección da Escola, Dirección da Banda da Escola e profesor de trompa

Daniel Figueira 



Formación

Comeza os seus estudos musicais aos once anos de idade na Escola de música de Catoira (Pontevedra). En xuño de 2011 remata os seus estudos de Grao Superior no Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias (CONSMUPA) cos mestres J. Rodrigo Roglá, Manuel Revert e Alberto R. Ayala, obtendo as máis altas calificacións. Master en Educación Infantil e Intelixencias Múltiples pola UNED e Master en Educación Secundaria.

Nos cursos académicos 2007/08 e 2008/09 forma parte da Joven Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias (JOSPA) como músico bolseiro.

Dende pequeno asiste asiduamente a cursos de perfeccionamento e masterclasses impartidos por distinguidos trompistas como: Marie Luise Neunecker, Bernardo Cifres, J.L. Morató, Radovan Vlatkovic, Rodolfo Epelde, Nury Guarnaschelli, J.M. González Diego, Alfredo Varela, Xulio Varela, Gustavo Castro, Benjamín Iglesias, Oscar Sala, Estefanía Beceiro, Jordi Ortega, etc.

Experiencia docente


Forma e formou parte do equipo docente (como mestre de trompa, trompeta, música e movemento, linguaxe musical, educación auditiva e vocal, música de cámara, banda infantil, banda xuvenil, …) de varias escolas de música da súa comarca como a Escola de Música de Cambados, Escola de Música Municipal “Prudencio Romo” de Lousame, Escola de Música Artística de Arcade, Escola de Música “José Laguarta Gracia” de Portas, Asociación Músico Cultural SOLFA de Santiago de Compostela, Escola de Música Municipal de Meaño e Escola de Música Municipal de Outes, Escola de Música de Salcedo, entre outras.

Dende outubro do ano 2011 é director da Escola de Música de Vilaboa, onde tamén é docente e fundador, director da Banda de Música de Vilaboa e xefe de estudos da ESMU e CMUS Municipais de Cambados.

Outros


En novembro de 2006 gaña o V Certame de Xoves intérpretes solistas “José Valcárcel” na modalidade de dúos xunto co trompista Daniel Otero.

Ten colaborado coa Orquesta Oviedo Filarmonía, Orquesta Clásica de Oviedo, Orquesta Sinfónica Ciudad de Gijón, Sabugo Filarmonía (Avilés), Joven Camerata Filarmónica (JOCAFI), Orquesta e Banda Sinfónica del Conservatorio Profesional de Música de Oviedo, Orquesta e Banda Sinfónica del Conservatorio Profesional de Música de Gijón, Orquesta Sinfónica de Melide, Orquestra Clásica de Pontevedra, Banda Municipal de Pontevedra, Banda Municipal de A Coruña, Banda Municipal de Santiago de Compostela (coa que participa na gravación do disco conmemorativo do seu “160 Aniversario” en Outubro de 2009), Banda Municipal de Oviedo, Banda Municipal de Gijón, Banda Intercomarcal de Melide, Banda de Música de Pontevedra, entre outras.

É membro da Banda Filharmónica de Galiza, da Banda Sinfónica da FGBMP (dende o 2005 ata a actualidade), do Ensemble de Trompas Consmupa, do Quinteto Clásico do Salnés, do Quinteto Clásico Sforzato, do Quinteto de Metais BREOGÁN ENSEMBLE, do Ensemble de Trompas de Valga e é músico federado da Banda da Escola de Música de Rianxo.






Frauta

Sara González



Formación

Comeza os seus estudios musicais á idade de 10 anos no Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra, da man do mestre Francisco Seoane, co que rematará os seus estudos de Grao Profesional. Durante esta etapa no Conservatorio de Pontevedra sería alumna tamén das profesoras Judith Rey e Julia Estévez. No ano 2010 accede ó Conservatorio Superior de Música de Vigo e ó Conservatorio Superior de Música de Salamanca, estudando finalmente no primeiro, cos profesores Manuel Morales e Fernando Raña. Remata os seus estudos neste centro no 2016 así como os de Grao en Educación Infantil na Universidade de Vigo. 


Nestes anos, asistiu a cursos e Master Classes cós frautistas Fernando Raña, Iago Lariño, André Cebrián, Jürgen Frantz, Albino Matei, Ginevra Petrucci ou Thies Roorda, así como a cursos de outras especialidades como Técnica Alexander con Anne Landa.

Experiencia docente

No ámbito pedagóxico nos últimos anos desenvolveu a súa labor docente como mestra de frauta en diferentes escolas, tales como a Escola Municipal de Música de Vigo, Escola de Música de Salcedo, Centro Creativo Musical de Moaña, Escola A Tempo de Pontevedra ou a Escola de Música de Vilaboa.

Outros

Como instrumentista pertence á Banda de Música de Salcedo, Orquesta Clásica de Vigo, ó quinteto de vento Cun Quintet e ó Ensemble Aberto. Así mesmo, colabora con agrupacións cercanas esporádicamente, tales como a Banda Municipal de Música de Pontevedra. 




Clarinete

Roberto Sánchez





Formación

En 2006 remata o Grao Profesional de Música no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. En 2011 remata o Grao Superior de Música no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

En 2014 remata o Máster en Interpretación Orquestal, Swedish National Orchestra Academy, Universidade de Gotemburgo, Orquestra Nacional de Suecia e Ópera de Gotemburgo (Suecia)

Recibiu clases maxistrais dos seguintes clarinetistas: Yehuda Gilad (University of Southern California), Venancio Rius (Facultad de Música y Artes Escénicas y Centro de Alto Rendimiento Musical de la Universidad Alfonso X El Sabio), Karl Leister e Wenzel Fuchs (Berliner Philharmoniker), Urban Claesson (Göteborgs Sinfoniker), Hermann Stefanson (Stockholms Konserthus), Vicente Alberola ( Orquesta Sinfónica de Madrid), Hedwig Swimberghe (Flemish Radio Orchestra), Jan Jacub Bokun (Solista internacional), Henri Bok (Solista internacional de Clarinete Baixo) e outros.

Clases maxistrais de clarinete, orquestra sinfónica e música de cámara no Aurora Chamber Music Course (Royal College of Music in Stockholm, Aurora Chamber Music e Musikakademi Vänersborg -Suecia-).

Experiencia docente


Ten sido profesor de clarinete e outras materias nos concellos de Caldas de Reis, Moraña e Sanxenxo. Profesor de clarinete no proxecto Voces y Música para la Integración dende 2014.

Agora mesmo é profesor no Conservatorio de Cambados e nas Escolas de música de Lousame e Vilaboa. Tamén é Director Artístico da Banda Xuvenil de Xinzo.

Outros

Colabora como clarinetista na Banda de música de Pontevedra.

Director de Proxecto e Director Artístico nos seminarios “Encontros con Venancio Rius” dende a 3ª ata a 19ª edición.

Membro dos grupos musicais Alvariza e Cuarteto Somnus.





Saxofón

Juan Cao




Formación

Comeza os seus estudios musicais con 10 anos de idade no seo da antiga Banda Municipal de O Porriño. Posteriormente accede ao Conservatorio de Música de Tui, donde remata o grado elemental, e posteriormente o grao profesional obtendo premio extraordinario de fin de carreira. Neste 2016 rematará os seus estudios superiores no Conservatorio Superior de música de Vigo.

Realizou cursos de perfeccionamento instrumental cos mestres: Rodrigo Vila, David Brutti, Maria-Bernadette Chabrier, Andrés Gomis, Antonio Felipe Belijar, David Alonso Serena, Carl Emmanuel Fisbach, Emiliano Barri, Jeff Vickers, Federico Coca, Yuko Mizutani e Wenjiao Wang.

É diplomado en Maxisterio en Educación Musical pola Facultade de CC da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo.

Experiencia docente


Na actualidade imparte clases de saxofón na Escola de Música Municipal de Vilaboa, na Escola Mestre Veneroni de Ribadavia e a Banda Escola Unión Cultural de Campo Lameiro.

Outros

Colabora activamente nas agrupacións: Banda de Pontevedra, Banda a Lira de Ribadavia, Banda de Música Municipal de Salvaterra de Miño, Banda Filarmónica do Salnés, Orquesta Clásica de Vigo e Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares entre outras.

No ámbito da música de cámara é fundador do cuarteto de saxofóns Kalamatianos, que recibiu a Mención de honra no Concurso de música de cámara do Conservatorio Superior de Música de Vigo (2016) e co que participou en multitude de eventos de distinta índole dos que destacan: Semana de música de cámara do CSM de Vigo, Festival de Cans (2014), Sala Ingrávida (2014), Paseo sonoro por os antigos teatros de Vigo organizado por Sinsalaudio (2013) e outros. Leva tamén a cabo outro proxecto en formación co dúo Ramilo&Cao,

Como solista realizou intervencións nos siguientes festivales: IX Ciclo de Concertos no Claustro Gótico da S.I. Catedral de Tui (2013), Festival Sin Sal San Simón 2013.

No ano 2013 estrea Rapsodia de Karolis Biveinis para saxofón soprano e piano, nun concerto no Conservatorio Profesional de Música de Tui.

No ano 2015 realiza un traballo de recuperación de Ribadavia te saluda reverente, un pasodobre atopado no arquivo da Banda de Sande (Ourense), instrumentando para unha plantilla de banda sinfónica actual e recuperando partes perdidas, sendo este interpretado como pasodobre de libre elección no VIII Certame de Bandas organizado pola Federación de Bandas Populares de Galicia.






Trompeta

David Abal



Formación

Orixinal da vila de Marín, iniciou os seus estudos musicais aos 8 anos de idade no Conservatorio de Música de Pontevedra, sendo o instrumento escollido por tradición familiar a Trompeta. Neste período, fórmase cos profesores Carlos Herrera, Javier Viceiro Filgueira, Luís González Amosa, rematando o grao profesional con Francisco Mora Soto.

En 2006 remata os seus estudos de Formación Profesional, obtendo a titulación de Técnico Superior en Desenrolo de Aplicacións Informáticas. Ao mesmo tempo, remata os seus estudos musicais de grao profesional obtendo praza no Conservatorio Superior de Música de Vigo, na especialidade de trompeta. Neste centro estudou baixo a tutela de Xosé Pérez, Luís González Amosa, Adolfo Caride e Javier Viceiro (por orde cronolóxica). Obtendo en 2011 o Título Superior de Música na especialidade de Trompeta.
Fai cursos de perfeccionamento con mestres da talla de: José María Ortí Soriano (O.N.E.), Benjamín Moreno Fernández (O.S.R.T.V.E), Javier Simó (R.F.G), Perry Hoogendijk (Real Concertgebouw), Luis González, Esteban Batallán Cons (O.C.G), Rubén Simeó.. entre outros.

En 2009 realiza un curso de dirección de banda e análise impartido polos mestres: José Rafael Pascual-Vilaplana e Franco Cesarini.

Experiencia docente
Dende temprana idade impartiu clases en diversas escolas de música, como Escola Municipal de Música de Porriño, Escola de Música Amadeus, Conservatorio Elemental de A Guardia,etc.

Desde 2006, é profesor de trompeta na Escola de Música Salcedo, onde tamén foi mestre de Linguaxe Musical e Análise. Agora é profesor de trompeta na Escola de Música de Vilaboa, profesor de trompeta e director da banda da escola de música de Coruxo; ademais de profesor de trompeta na Escola de Música e no Conservatorio Elemental de Música de Cambados.

Outros

Foi membro de diversas bandas de música, incluíndo a banda Ateneo Santa Cecilia de Marín e Banda Municipal de Vilagarcía. Desde 2000, é membro da Banda de Música de Salcedo. Colabora regularmente con moitas bandas de recoñecido prestixio en toda a xeografía galega, como a Banda de Música de Pontevedra, Banda Municipal de Silleda, Banda de Música de Meaño, Banda de Música de Sanxenxo, Banda de Música de Matamá, Banda de Música de Coruxo, etc. coas que obtivo diversos premios en certames nacionais e internacionais. Igualmente colabora con orquestras sinfónicas como Orquesta Sinfonieta de Vigo, Orquesta do CMUSMQ, Orquesta do CSMV, CREA Orchestra Amsterdam.. Formacións coma Pontejazz big band, grupos de cámara .. etc

Dende 2011 e ata o remate do curso 2014/2015 exerceu o cargo de Director da Escola de Música de Salcedo, con 11 mestres e máis de 180 alumnos matriculados por curso.






Bombardino e Trombón

Ana Belén Nieto



Formación

Comezou os seus estudios musicais coa guitarra á idade de 7 anos na Escola Municipal de música Bernardo del Río en Vilagarcía de Arousa. Con 14 anos empeza a estudar trombón da man de Jesús Nogueira Franco e realiza o Grao Profesional nos Conservatorios de Vilagarcía, Santiago e Ourense, combinándoo cos estudios de Licenciatura en Publicidad e Relacions Públicas que termina no 2011. No ano 2012 obtén o Grao Profesional de Trombón con Matrícula de Honra e Premio Extraordinario Fin de Grado. Ese mesmo ano accede ó Conservatorio Superior de Música de Vigo no que actualmente cursa 4º de Interpretación na especialidade de Trombón. No ano 2016 obtén a titulación de Máster universitario en Profesorado.

Realizou diversos cursos de perfeccionamiento técnico e instrumental con trombonistas moi prestixiosos como Antonio Caneda, Santiago Blanco, David Rejano, Carlos Gil, Indalecio Bonet, Alberto e Unai Urretxo, Douglas Wright, Vicent Lepape entre outros.

Experiencia docente
É profesora de Trombón, Música e Movemento e Linguaxe Musical nas escuelas de Música de Vilanova de Arousa e Illa de Arousa. Desde 2016, profesora de trombón na Escola de música de Vilaboa.

Outros

Actualmente é membro da Banda de Música de Vilagarcía de Arousa e colabora asiduamente con outras bandas da comunidade así como coa Orquesta Casablanca, Orquesta Clásica de Vigo e Orquesta Sinfónica 430.





Percusión

Pablo Cabanelas



Formación

Comeza os seus estudos aos sete anos na Escola da Banda de música de Salcedo, pasando posteriormente a estudar no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, no Conservatorio Superior de Música de Vigo, no Conservatorio Superior de Música da Coruña e no Conservatorio Nacional de Estrasburgo.

Entre os anos 2004 e 2006 foi membro activo da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Realizou numerosos cursos de percusión con profesores da talla de Nancy Zeltsman, Bogdan Bacanu, Eric Sammut, Nick Woud, , Frederic Macarez, Jan Pustjens, Miguel Bernat, Juanjo Guillem, Ali N´Diaye, Israel Moreno ou Marc Braafthart.

Experiencia docente


Na actualidade é profesor nas Escolas das Bandas de Música de Salcedo, de Rianxo, da Pobra do Caramiñal e de Vilaboa.

Outros

Colaborou con numerosas agrupacións como: Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Filarmónica “Cidade de Pontevedra”, Orquestra Clásica de Vigo, Orquestra Vigo 430, Globus Orchestra, Banda Filarmónica de Galicia, Banda Sinfónica da Federación, Banda Minho-Galaica, Omar percussion Group, Grupo de Percusión da EAEM, Grupo de percusión Perkuka, Karolis Biveinis Filme Ensemble e máis Hércules Brass Ensemble.





Violín

Antía García




Formación
 

Comeza os seus estudos musicais á idade de cinco anos na especialidade de piano e á idade de sete anos inicia os de violín despois de amosar un especial interés por este instrumento. Cursa o Grao Elemental e Profesional no Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra, finalizando o Grado Profesional sendo alumna de Sergio Heredia. Posteriormente trasládase a Oviedo para cursar os seus estudos superiores baixo a dirección de Yuri Nasushkin no Conservatorio Superior de Música Eduardo Martínez Torner de Oviedo, obtendo o Título Superior de Música na especialidade de violín no ano 2011. Conta con estudos de Máster e se interesa por unha formación continuada no ámbito pedagóxico.


Completa a súa formación con recoñecidos violinistas como Lutsia Ibragimova, Robert Canetti, Héctor Corpus, Valeria Nasushkina, Sergey Teslya, Francesco Solombrino e Marco Terlizzi entre outros. En 2009 recibe unha beca para trasladarse a Toronto onde recibe consello de James Wallenberg e realiza traballos de grabación en proxectos discográficos.

Experiencia Docente

Mestra de Violín, Linguaxe Musical e Orquestra en Conservatorios e Escolas de Música da provincia de Pontevedra e profesora de Violín da Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela.

Outros

Foi membro da Orquesta Clásica de Asturias, Ensemble Ars Mundi, Joven Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias, Joven Orquesta de Cámara Fundación Príncipe de Asturias, entre outras, e participado en orquestras como a Orquesta Ciudad de Alcalá, Joven Orquesta Sinfónica de la Comunidad de Madrid, ou Joven Orquesta Sinfónica de Soria. Dende 2012 ata a actualidade é violinista na Orquesta GAOS e participa na Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, ademáis de interesarse por desenvolver unha constante actividade na música de cámara.
Actualmente combina a súa paixón como docente ao tempo que desenvolve unha intensa actividade instrumental participando en recoñecidas agrupacións sinfónicas e camerísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.






Violonchelo-Contrabaixo 

David Otero



Formación

Inicia os seus estudos de música aos 7 anos na Escola de Música de Meaño e aos 9 anos entra a formar parte dá Banda Unión Musical de Meaño, aprobando o acceso ao Conservatorio Profesional de música Manuel Quiroga de Pontevedra. No 2009 e 2010 obtén matrículas de honra nas especialidades de violoncelo e música de cámara e entra na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela co profesor Plamen Velev. En 2016 finaliza o grao superior en violoncelo no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Asiste a cursos cos profesores Iagoba Fanlo, Barbara Switalska, Alexander Osokin, Daniel Müller-Schott, Susana Stefanovich, e Gabriel Tanassescu entre outros.

Actualmente estuda co violonchelista Thomas Pel.

Experiencia docente


Imparte clases nas Escolas de Música de Meaño, Vilaboa e Salcedo, no Conservatorio Elemental de Cambados e na
Escola de Música Municipal de Sanxenxo.


Outros

Colabora coa Orquestra Filarmónica Cidade de Pontevedra, coa Orquestra da EAEM, con Young Hokkaido Philarmony, XOVE 430, Banda Unión Musical de Meaño e a Banda dá Federación Galega de Bandas.





Guitarra

Miguel Fraile


Formación

Comeza a súa andaina musical aos 11 anos na Escola de Música “Cecilio de Benito”, en Cuéllar, co profesor Adrián Avellón. Catro anos máis tarde ingresa no Conservatorio Profesional de Música de Segovia, co profesor Antonio Barrio, acabando alí o Grao Profesional en Guitarra en 2013. Actualmente estuda 4º de Ensinos Superiores no CSM de Vigo coa profesora Margarita Escarpa.

Recibiu clases de mestres como Alex Garrobé, Ricardo Gallén, Jose Mª Gallardo e máis asiduamente do guitarrista rioxano Pablo Villegas. Realizou en tres ocasiones o Curso de Dirección “Don Juan Miranda” co profesor Chema García, dirixindo á Banda de Música de Carbonero el Mayor.

Experiencia docente


Na actualidade é profesor na Escola de Música de Vilaboa.

Outros

No ano 2012 foi dobremente premiado no concurso “Novos Intérpretes” de Caixa Segovia. En 2014, foi gañador do emblemático concurso Nicomedes García, outorgado ao mellor músico de cada xeración.

Ofreceu concertos como solista en diversas localidades españolas, destacando a súa participación no “Festival Novo” de Segovia e a súa participación no “Festival Internacional de Guitarra Vila de Petrer”.

Á parte de formacións clásicas, pertenceu a numerosos grupos de flamenco, jazz, rock ou folk. Foi membro da Banda Sinfónica “Terra de Segovia”, ao baixo eléctrico e colabora regularmente con bandas municipais tocando guitarra eléctrica ou flamenca. Foi director musical durante tres anos da “Rondalla de San Cristóbal”. Actualmente forma o dúo Malandra, de estilo indefinido, coa cantante Su Garrido Pombo e colabora a miúdo coa cantautora Sheila Patricia. Así mesmo, é membro do Seminario Permanente de Improvisación Libre, en Vigo, colectivo co que desenvolve desde hai dous anos a práctica de tan encantadora disciplina como é a improvisación.




Piano 

Magdalena Argibay 


Formación

Con 15 anos ingresa no Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra. Alí recibe clases de piano con José Luís Reguilón durante o Grao Profesional e asiste a Masterclass coa profesora lusa Luisa Tender. No ano 2012 finaliza os seus estudios de piano no CMUS de Pontevedra e en xuño do mesmo ano supera as pruebas de acceso aos Grados Superiores de Piano e Composición no CSM de Vigo, lugar no cal se atopa na actualidade proseguindo os sus estudos. Alí asiste a Masterclass con compositores de ámbito nacional tales como Alberto Posadas ou David García Díaz. Durante o pasado curso 2014­2015 asiste ao Curso de Composición impartido por Antón García Abril na Escola de Altos Estudos Musicáis de Santiago de Compostela e ademáis resulta becada para estudiar na “58 Edición dos Cursos Internacionáis de Música en Compostela” a especialidade de Sinfonismo e Música Actual cos maestros García Abril e Maximino Zumalave en agosto de 2015. É Graduada en Bioloxía pola Universidade de Vigo, lugar onde realizou os sus estudios entre os anos 2009 e 2013.

Experiencia docente

Leva exercendo como profesora dende o ano 2013 dando clases tanto a nivel particular coma na escola de música (Gain Over, Nigrán).

Outros

Como pianista, colabora coa Orquesta Clásica de Vigo dende o ano 2014, coa Orquesta do Espazo de Cámara da USC, coa banda da Federación Galega de Bandas de Música Populares.



Psicopedagoga

Lorena Núñez




Formación

Inicia os seus estudos no ano 2008 en Educación Social e no ano 2011 en Psicopedagoxía, ambas titulacións na Universidade de Santiago de Compostela.

No ano 2012 realiza un postgrado en Intervención Familiar no Sistema de Protección da Infancia. No ano 2014 consegue o título de Promotora de Igualdade de Xénero. No ano 2015, obten o certificado de profesionalidade en Dinamización Comunitaria, da Xunta de Galicia. No ano 2016 remata o curso de Estimulación Cognitiva da Universidade Rey Juan Carlos.

Paralelamente a esta formación realiza numerosos cursos relacionados coa infancia, o traballo con familias, atención a persoas con discapacidade, a igualdade de xénero, a prevención de condutas adictivas, o ocio e o tempo libre, etc

Experiencia con menores


Traballa no Concello de Valga (2013-2014), como Educadora Social, realizando intervencións en Programas de atención a persoas con diversidade funcional no CODI Valga. Talleres con adolescentes en centros de ensino secundario. Talleres socioculturais e de reforzo educativo con menores.

Escola de Música Municipal de Lousame (Curso 2015-2016). Mestra de música e movemento.
Escola de música de Vilaboa (2013- actualidade). Psicopedagoga da escola

Outros

Traballa no concello de Dodro (2015-actualidade). Como Psicopedagoga, desempeñando a función de Técnica de prevención de drogodependencias e outras condutas adictivas.