Por qué esta Banda?


A Banda é o lugar natural de encontro dos alumnos, e onde desenrolan capacidades de disciplina, traballo en grupo, actuación en público, etc. A Banda, desde a súa creación, incorpora permanentemente os alumnos en canto teñen un nivel mínimo, para que se vaian integrando nas dinámicas do grupo. Incorpora tamén rapaces de Vilaboa que estudan música en outros concellos. 

A día de hoxe, músicos desde os 6 ata os 67 anos comparten escenario e autobús para tocar nas parroquias de Vilaboa, ou mesmo noutros concellos, xa sexa en festivais ou en xornadas de convivencia con outras bandas.