Qué me poden aprender?


A Escola está aberta a todas as idades. Hai alumnos desde os 3 ata os 70 anos, co apoio dunha psicopedagoga para os máis pequenos. As clases de instrumento son individuais, o que garante unha calidade superior na aprendizaxe. En canto se aprende unha base, foméntase o ingreso na Banda ou nalgún grupo instrumental, para reforzar o interese por mellorar e integrarse na comunidade da Escola.


O ensino na Escola de Música de Vilaboa ten unha dobre vertente, por un lado a formación de carácter non regrado, e por outro a de orientar a aqueles alumnos/as que pola súa especial vocación e aptitudes poidan acceder a un ensino profesional nos Conservatorios de Música Elementais, Profesionais e Superiores de Galicia.

Todo isto seguindo uns principios de flexibilidade pedagóxica, abertos aos intereses dos propios alumnos, sen discriminación de idade nin de condición especial. Cunha diversidade instrumental, profesorado de calidade, concertos didácticos nos colexios, xornadas de portas abertas, conferencias de divulgación e as clásicas audicións, onde os alumnos presentan os seus avances co instrumento.
O obxectivo principal do proxecto pedagóxico que actualmente se desenvolve na Escola é o de facilitar ós vilaboeses, e comarca, o poderen desenvolver as súas inquedanzas e afeccións musicais na súa vila natal.


Música e movemento


Para os máis pequenos, desde os tres anos ata os seis.




Linguaxe musical, solfexo e teoría da música



Instrumentos


En clases individuais de 45 minutos á semana. A Escola dispón de varios instrumentos para alugar aos alumnos, de xeito que os alumnos que se inician poidan facer definitiva unha primeira elección do instrumento.


VENTO-MADEIRA
Clarinete
Fagote
Frauta
Óboe
Saxofón


VENTO-METAL
Bombardino
Trombón
Trompa
Trompeta
Tuba


PERCUSIÓN
Percusión


CORDA
Contrabaixo
Violín
Violonchelo


GUITARRA
Guitarra


PIANO

Piano